Despois de varios meses sen saberse se alguén daría o paso para facerse cargo da organización das festas da Vila de Camariñas, xa chegou a boa nova e podemos ver pateando as calles do noso pobo para pedir para as festas aos novos voluntarios que se animaron para coller as riendas deste duro e pouco valorado traballo. Entre eles podemos atopar a varios Primeiros Espadas do Camariñeo: JM Canosa Campaña máis coñecido polo seu 2º apelido "Campaña", JM Barcia Tedín (Jose "O Argentino"), Luis Rodríguez Luaces (Luís de Quecha), Juan, Rosa Mouzo "Rosita", JM Tedín "O Neno", etc..

Como podedes ver as festas en Honor a Virxen do Monte deste ano 2008 estarán magnificamente amenizadas polas grandes orquestras que se contrataron para este ano. Así, para o domingo, poderemos bailar ao son da Orquestra de Corcubión "Nova Palma" mentras lle tomamos un vermouth. E pola noite gozaremos outra vez coa mesma orquestra de Corcubión e ademáis coa actuación estelar do Grupo Oca.

Para o lunes, despois de vir do monte, tocaralle o turno da orquestra "Alarma" a cal tamén estará á noite co que será un día completo para desfrutar da gran orquestra que nos trouxo esta nova comisión.

Image

Comentarios   

Mikel
+2 # RE: A Virxen do Monte xa colle formaMikel 18/03/2008 13:48
Moita Sorte e paciencia a nova comisión de festas,,esperem os q salgan tamen para as do Carmen,,xente nova ideas novas,,,vaia orquestasa a OCA,,co pouco tempo q vos quedaba non sei como vos apañástedes para contratala,,,gr acias chavales
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
+2 # RE: A Virxen do Monte xa colle formagelinita 22/03/2008 00:32
por casualidade non abera peores orquestas en toda españa
Responder | Denunciar ante o administrador
plisplas
0 # RE: A Virxen do Monte xa colle formaplisplas 22/03/2008 14:03
non sabia que entenderas de orquestras,pero digoche que seguro que as hai mellores,pero tamen moitisimas peores,e sobre unha nota de dez eu doulle un 6
Responder | Denunciar ante o administrador
dyanne7
+2 # RE: A Virxen do Monte xa colle formadyanne7 24/03/2008 19:02
Hay que dar gracias que o menos hubo festa,e sabes que ahi alguen non vos parece.O caso e seguir a tradision.
Responder | Denunciar ante o administrador