5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (4 Votes)

O Concello de Camariñas decidiu homenaxear os 30 anos de vida da Mostra do Encaixe de Camariñas coa instalación dun monumento de pedra coas letras de Camariñas e que, na súa base reza ‘Capital do encaixe. Mostra do encaixe, sempre en semana santa”. A estrutura está situada na fachada marítima, na zona do Cansorriño, e contribúe a crear unha fermosa estampa na que se pode apreciar a ría ao fondo.

Camariñas conmemora os 30 anos da Mostra instalando un monumento de pedra na fachada marítima. Hoxe instalouse a estrutura pero os traballos aínda non remataron.Instalarase iluminación específica e renovarase a contorna, creando tamén prazas de aparcamento.

Os operarios colocaron hoxe o monumento de pedra pero a actuación aínda non está rematada. Agora, o goberno local ten planeado instalar unha iluminación específica e, ademais, adecentará a zona repoñendo o firme, pintando e creando prazas de aparcamento.

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou que “queremos que este monumento perdure para sempre nunha zona icónica do municipio e que sirva para homenaxear e lembrar a estreita vinculación de Camariñas co encaixe”.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.