5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (9 Votes)

A Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, entidade que organiza as festas patronais do Carme de Camariñas, ven de facer público o programa das festas que se celebrarán entre os días 16 e 20 de xullo. O impresionante cartel foi deseñado, como xa ven sendo habitual nestes derradeiros anos polo fotógrafo de bodas na Costa da Morte Diego Alonso Freire nunha máis das súas colaboracións desinteresadas coa comisión do Carme de Camariñas. O completísimo programa abrangue actividades e música de todo tipo e destinado a tódalas idades, dende sardiñadas e romarías tradicionais ata o máis completo programa de orquestras que hoxe se pode ver en Galicia, pasando polo folk ou pola actuación de un artista internacional. Todo iso completado con actividades para os mais cativos, ou o recoñecemento de quen, coa súa actividade, promociona o nome de Camariñas en positivo polo mundo.

As tres grandes estarán nas festas do Carme de Camariñas: Panorama, París de Noia e o Combo Dominicano serán protagonistas dunha das festas mais importantes de Galicia. Xunto coas mais importantes orquestras do panorama festeiro galego, as Festas do Carme contarán coa presencia dun artista de talla internacional, o arxentino RAFAGA.

O programa, en detalle, comprende as seguintes actuacións e actividades:


DIA 14 DE XULLO:

Acto de entrega do recoñecemento de Camariñán de Honra.

DIA 15 DE XULLO:

“O Carme dos Nenos”: Mini-Danza de Arcos
Pregón das Festas a cargo do Camariñán de Honra.

DIA 16 DE XULLO: DIA DO CARME

Alborada e pasa rúas
Acto de homenaxe aos homes e mulleres do mar falecidos dende o Carme do ano pasado, por parte dos danzantes da Danza de Arcos.
Procesión, con traslado da imaxe da Virxe do Carme, dende a igrexa parroquial de San Xurxo ate a capela do Carme, e Misa de Campaña no peirao do Curbeiro.
Procesión marítima pola ría e homenaxe aos falecidos no mar cunha ofrenda floral na entrada da ría.
Gran traca ao retorno da procesión marítima e traslado da imaxe do Carme á súa capela acompañada pola Danza de Arcos.
Sesión Vermut
Gran Verbena a cargo do Grupo Cláxon
EXPECTACULAR TIRADA DE FOGOS ARTIFICIAIS NO PORTO.
ACTUACIÓN ESTELAR DE RÁFAGA (Arxentina)

DIA 17 DE XULLO:

Alborada e pasa rúas
Procesión traslado da imaxe da Virxe do Carme á igrexa parroquial de San Xurxo, acompañada pola Danza de Arcos
Sesión Vermut
Gran Verbena a cargo das orquestas: Combo dominicano e París de Noia.

DIA 18 DE XULLO: O CARME TRADICIONAL

Gran romaría na praia da Area da Vila con :
Gran Sardiñada e actuacións de folklóricas, charangas, cantareiras e actividades diversas para os mais cativos.
Gran verbena coa actuación da orquestra Panorama e MacroDisco Impacto.
DIA 19 DE XULLO: O CARME DOS NOSOS EMIGRANTES

Solemne Misa do Emigrante.
Sesión Vermut
Gran Verbena coa actuación da orquestra Finisterre e MacroDisco Impacto

DIA 20 DE XULLO: O CARME FOLK

Actuacións de grupos de gaitas polas rúas durante todo o día
Cancións de Taberna nos establecementos hostaleiros de Camariñas e nos espazos públicos.
Gran actuación do grupo folk Samarúas
Actuación estelar de TREIXADURA

Este programa financiase con donativos veciñais, actividades diversas como andainas, ceas, venta de lotería, etc. Tamén son de destacar a colaboración institucional como a do concello de Camariñas, ou a dos nosos emigrantes en Suiza que, coma tódolos anos, fan unha colecta extraordinaria entre todos eles para as festas do seu pobo. Toda esta programación, mais tódalas novidades que se vaian producindo, pódense consultar, a partir dos próximos días, na páxina oficial da ACCDR Virxe do Carme de nova creación.

Cartel da Festa do Carme de Camariñas 2019


Cartel Festa do Carme Camariñas 2019

Engadir un comentario