4.15625 1 1 1 1 1 Rating 4.16 (32 Votes)

Desembarco de urxencia no muelle de Camariñas

E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo
E de agradecer a rapidez e profesionalidade ca que actúan os membros de Salvamento Marítimo

Hoxe sobre as 12 da mañán os camariñáns que estaban a pasear polo muelle vello poideron observar como o buque de Salvamento Marítimo "Altair", con base no porto de Camariñas, desembarcaba a un mariñeiro do arrastrero "Novo Saudade" o cal se dirixía ao porto de Vigo cando tráxicamente un dos seus mariñeiros se lesionaba de certa gravidade na mandíbula.

Postos en contacto con José, o patrón de Altair, este aclarounos que recibida a chamada do Novo Saudade, dirixíronse inmediatamente ao seu encontro, tendo lugar o trasvase do mariñeiro ferido ao buque de Salvamento Marítimo nas aforas do Vilán, para despois dirixirse a marchas forzadas cara ao noso porto onde xa o estaba esperando unha ambulancia do 061 para levalo urxentemente ao complexo hospitalario "Juan Canalejo" na Coruña. En fin, o mar sempre impredecible e cheo de perigos, cóbrase outra nova víctima, se ben en este caso esperemos que todo acabe nunha lesión de certa gravidade que non pase a maiores. Pulsa na foto principal para ver outra imaxe deste lamentable suceso.

Imaxe do momento no que o Altair desembarcaba ao mariñeiro ferido
Imaxe do momento no que o Altair desembarcaba ao mariñeiro ferido


 

Comentarios   

Mikel
0 # Mikel 16/03/2008 13:28
Esperemos q se recupere pronto e ben o ferido.Tamen saudar a Jose o patrón,ainda q non estea rexistrado leerá esto q xa se encarga o outro Jose de informalo,,deci rlle q é a mellor persoa q pasou en moitos anos polo noso porto,,,sempre sauda ao sair a tódolos mariñeiros por radio e sempre sauda cando chegan a porto,,tanto él como o meu tokallo Miguel como o maquinista e Juan do Pandorco fan unha tripulación entrañable,,,,S aludos salvadores
Responder | Denunciar ante o administrador
Mikel
0 # Mikel 16/03/2008 13:57
Ah,aparte de boas personas son uns auténticos heroes,pois non fai moito un buque gaseiro altamente perigoso viña encima da punta da barca e con ventos de mais de cen kilómetros hora e olas de mais de 6 metros conseguiron enganchar o remolque do remolcador,pois él non era capaz nin co lanza cabos,,ainda q foi censurado no seu dia,todo se sabe,,ves José,,si non forades vós hoxe non sei q pasaria e sobre todo aos de Muxia,,,ah mamá
Responder | Denunciar ante o administrador