5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Na noite deste mércores 15 de maio a redacción desta web coñecía aflixida a repentina morte da querida veciña de Camariñas Dona Gloria Castiñeira Suárez aos seus 79 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Gloria do Papón, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palillieras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 18:00 horas da tarde deste xoves 16 de maio. Xa no sagrado templo amariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Gloria para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a nosa forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Gloria Castiñeira Suárez nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario