1 1 1 1 1 1 Rating 1.00 (1 Vote)

Na mañán deste intempestuoso xoves 9 de maio de 2019, a redacción desta web recibía aflixida a triste noticia da defunción da querida veciña de Camariñas aínda que orixinaria de Xaviña, Dona Rosario García Carril aos seus 72 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Rosario de Sendón, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 16:45 da tarde deste venres 10 de maio de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Rosario para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais desta querida veciña terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo a forza e ánimos para toda a familia de Don Rosario nestes duros momentos que están a atravesar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario