1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na tarde deste martes 16 de abril de 2019 a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Alfonso Antelo Lastres, mítico home de mar de Camariñas e aptrón do lexendario Seixo, aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida de Don Alfonso está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:15 da tarde deste mércores 18 de abril. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Alfonso para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Parroquial de Camariñas onde os restos mortais de deste querido veciño, auténtico lobo de mar camariñán, terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Alfonso Antelo Lastres. Descanse en Paz.

Engadir un comentario