Na mañán deste mércores 10 de abril de 2019, a redacción desta web recibía a triste noticia da defunción de Dona Gloria Lista Campaña aos seus 79 anos de idade na súa casa de Camariñas. O corpo sen vida de Dona Gloria, viúva de Juan Campaña e moi querida en toda a Vila das Palillieras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 11 de abril. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Gloria para, acto seguido, procederse a realización do sepelio desta querida veciña da Rúa Real no Cemiterio Veciñal de Camariñas, onde os seus restos mortais terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción toda a forza e cariño a toda a familia de Dona Gloria nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario