1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Outra vez volve a golpear a traxedia na vila de Camariñas nunha teerrible crónica que se repite semana tras semana e non ten vilos de anunciar o seu final. Na mañán deste luns 18 de marzo de 2019 esta redacción recibía incrédula a noticia da repentina defunción do noso querido amigo Don José Mouzo Tajes aos seus 77 anos de idade. Ao parecer foi un fulminante paro cardíaco o responsable da morte do noso compañeiro Pepe da Cabreira, tal e como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas. Persoa afable, moi querida e sempre cun sorriso para todo o que se cruzase no seu camiño, vaise un camariñán sempre disposto a colaborar en todo o que lle propuxeran. Especial foi a súa labor no ámbito musical formando parte activa no Coro Parroquial de Camariñas ou no grupo Os Panchos do Golfendro por poñer un par de exemplos. O corpo sen vida de Don José está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá ás 16:15 horas deste martes 19 de marzo para dirixirse a igrexa na que tantas veces o escuitamos cantar e onde será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don José. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Veciñal de Camariñas onde os restos mortais de Don José terán merecido descanso eterno. Vaian dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolenciasasí como un forte abrazo a toda a familia e amigos de Don José, especialmente á súa dona Maruja e seus fillos María José e Alejandro nestes duros momentos que están a atravesar. Descanse en Paz.

Engadir un comentario