1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Este venres 16 de marzo deixaba este mundo repentinamente o noso querido amigo e veciño de Camariñas Don Ramón Martínez Suárez aos seus tempranos 60 anos de idade. O corpo sen vida de Don Ramón está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo de Camariñas ás16:15 da tarde. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Ramón para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos deste querido veciño terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias nestes duros momentos que están a pasar a toda a familia e amigos de Don Ramón Martínez Suárez. Descanse en Paz.

Engadir un comentario