- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 10 Marzo 2019 10 Marzo 2019
Non deixa de sucederse o incensante goteo de defuncións que asolan todo o concello de Camariñas. Na mañán desde domingo 10 de marzo a redacción de Camarinas.eu era coñecedora da triste noticia da defunción do querido veciño de Camariñas Don Manuel Valiña Mouzo aos seus 81 anos de idade. O corpo sen vida de Manolo do Braño, tal e como era cariñosamente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado na sala 1 do Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:45 da tarde deste próximo luns 11 de marzo. Acto seguido será celebrado o funeral de corpo presente no sagrado templo camariñán pola alma de Don Manuel para, a continuación ser realizado o seu sepelio no Cemiterio de Camariñas. Dende esta redacción queremos dar as nosas condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel nestes duros momentos que están a pasar. Descanse en Paz.