1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A alcaldesa Sandra Ínsua, lamenta a deixadez de Portos de Galicia repecto ao porto de Camariñas e concretamente na pasarela de madeira para os vehículos e os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena que están en mal estado. O Concello cumpriu o acordo chegado con Portos para arranxar a pasarela de madeira, pero PORTOS o incumpriu ao non amañar os paneis de cristal. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural. A alcaldesa manifesta a súa indignacion ante a situación da ponte da dársena que segue pechada pese o compromiso de Portos de arreglala.

O Concello critica a falta de compromiso de Portos de Galicia ao incumprir o acordo de novembro sobre as melloras do Porto. A entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural.

O acordo tivo lugar o 21 de novembro, na sede de Portos en Santiago de Compostela, onde se aclarou desta forma a polémica que xurdiu cando Portos de Galicia declarou que existía un proxecto para a Fábrica de Xeo ao que o Concello de Camariñas non daba autorización, o que foi totalmente falso. Ademais, confirmouse que a entidade portuaria ten previsto un proxecto de renovación da maquinaria na fábrica. No encontro, ao que asistiron por parte do goberno local a alcaldesa, Sandra Insua, e o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, tratáronse unha serie de temas de interese para o municipio e vellas demandas.

Máis sobre a polémica actuación de Portos de Galicia en Camariñas



Portos de Galicia limitase a bloquar o acceso a ponte en vez de arranxar os cristais


Portos de Galicia bloquea o acceso á Ponte Xaponesa de Camariñas

Engadir un comentario