1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na mañán deste sábado 9 de marzo a redacción desta web recibía a triste notiica da defunción da querida veciña de Camariñas Dona Dolores Lista López aos seus 84 anos de idade. O corpo sen vida de Dona Lola da Carballeira, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 horas da tarde deste sábado 9 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Dolores para, acto seguido, procederse a realización do sepelio desta querida muller no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. Vaia dende esta redacción todo a forza e ánimos a toda a familia e amigos de Dona Dolores nestes momentos tan duros que están a pasar. Dona Dolores Lista López, Descanse en Paz.

Engadir un comentario