5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

A Xunta de Galicia e o Partido Popular caban definitivamente a tumba política do seu candidato á alcaldía de Camariñas. Nunha decisión que non cabe máis que valorar como de sectaria e discriminatoria cara a vila das Palilleiras, a Conselleira de Política Social, unha tal Fabiola García, firmaba esta semana un convenio de colaboración co alcalde de Malpica no que se comprometía a apoiar económicamente o centro de día da vila malpicana. Hai que recordar que hai pouco máis dun mes era a mesma concelleira a que negaba o respaldo do ente autonómico que ela preside hacia o proxecto de centro de día de Camariñas. Non nos esquezamos de que o Concello de Camariñas conta, como a gran maioría dos homes e mulleres da costa sabe, cunha poboación moito maior e unha tasa de poboación activa inmensamente máis importante de mulleres traballadoras que malpica e por ende de toda a Costa da Morte. Ante esta situación de discriminación dun pobo frente a outro por parte da administración autonómica por mor súa cor política só cabe como solución a esta ultraxe a unión de todas e cada unha das forzas políticas do noso concello para esixir, vía plenaria, a non discriminación por parte da Xunta de Galicia dos cidadáns do Concello de Camariñas. É máis, dende esta redacción requerimos dos partidos políticos con representación no concello así como dos diferentes entes sociais municipais esixir a inmediata destitución desta conselleira por parte da Xunta de Galicia. De non ser atendida esta petición, os representantes da Xunta de Galicia estarían dando a entender de xeito inmediato que o Presidente de todos os galegos, Alberto Núñez Feijoo sería máis que cómplice desta nova ultraxe aos cidadáns de todo o Concello de Camariñas. Só así, ca unión de todos os partidos con representación na sala de plenos do concello, se podería salvar da previsible queima o candidato do PP de Camariñas ante unhas eleccións municipais a tres meses vista. É o momento de estar todos unidos ante outra aldraxe máis dunha vergonzosa e caseque delictiva actuación excluínte e segregadora por parte desa conselleira da Xunta de Galicia que discrimina aos cidadáns segundo a cor política dos concellos onde vivan.

Sandra Insua: “A Xunta discrimina a Camariñas ao negarlle un Centro de Día que si concede a Malpica”

O Concello de Camariñas amosa a súa sorpresa diante do anuncio dun convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello de Malpica para a posta en marcha dun Centro de Día nesa localidade. Desde o goberno local que encabeza Sandra Insua, solicitouse á administración autonómica dotar a Camariñas dunha infraestrutura deste tipo sen éxito. A Xunta apelou no seu día a que non se cubrían as prazas ofertadas en centros próximos, sen embargo, agora dase luz verde a facelo en Malpica e a alcaldesa pregúntase: “por que a uns si, e a outros non”, e conclúe que se trata dunha actitude “discriminatoria para con Camariñas, propia dunha Xunta sectaria”.

A alcaldesa, solicitou no seu día á conselleira de Política Social, Fabiola García, apoio da administración autonómica para sacar adiante o proxecto pero negóuselle.

Argumenta Sandra Insua que, por outro lado, Malpica conta cunha poboación menor que Camariñas. E, ademais o número de mulleres traballadoras en Camariñas é dos máis grandes da comarca. “Hai moita poboación feminina empregada en conserveiras, no marisqueo, etc.”, explica a alcaldesa. Esta circunstancia fai que, en moitos fogares, traballen todos os seus membros e, polo tanto, as familias non conten con persoas coidadoras nas casas, tendo que recorrer a figuras coma os centros de día.

Sandra Insua puntualiza que o feito de que “en Malpica se faga un Centro de Día non é malo, pero parece discriminatorio que se faga nun sitio si e noutro non. É propio dunha Xunta sectaria”, sinalou amosando o seu malestar polo anuncio.

Diante da negativa da Xunta, a Deputación da Coruña, a través do seu presidente Valentín González Formoso, amosouse disposta a realizar un estudo económico dos custes que a infraestrutura suporía para a economía municipal.

En opinión do goberno local, esta infraestrutura é un proxecto moi demandado polos camariñáns e necesario para os maiores da zona. Hai uns meses a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, e a traballadora social do Concello, María Pérez, reuníronse coa conselleira de Política Social, Fabiola García, para tratar de conseguir o compromiso da Xunta na creación ou xestión dun Centro de Día. Diante da negativa de Xunta, que argumentou que non se cubrían as prazas de centros habilitados en concellos preto de Camariñas, o goberno local buscou apoios doutras institucións como a Deputación da Coruña.

En xaneiro, Valentín González Formoso, presidente do ente provincial, declarou que a Deputación colaboraría co Concello de Camariñas, pese a tratarse dunha competencia da Xunta. Anunciou daquela que se había encargar un estudo de viabilidade económica para “coñecer previamente os custes que a construción e o mantemento do centro de día terían para Camariñas e se serían viables e asumibles pola economía municipal”.

Humillacións da Xunta de Galicia á Costa da Morte:


Engadir un comentario