O pasado xoves 21 de febreiro Camariñas recibía a visita do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo nun encontro con pouco máis de 100 simpatizantes e militantes do partido conservador no concello. Paralelamente, no mesmo día, a mesma hora e no mesmo lugar, organizábanse unhas cantas nais e pais para protestar diante do xefe do executivo galego por mor dos recentes recortes en pediatría que o Sergas aplicaba despiadadamente nos centros médicos de todo o término municipal de Camariñas, castigando desta forma tan desproporcionada aos nenos e nenas camariñáns ao exilio médico. Sen olvidar que nestes momentos o concello está a sofrir unha misteriosa vaga de casos de tuberculose que está a preocupar a todos os pais e nais do concello. A esta mobilización de veciños de Camariñas sumouse un pequeno grupo da coordinadora "Zas sen Recortes" así como algúns dos concelleiros do PSdeG-PSOE de Camariñas entre outros. Tamén atendía a este chamamento de última hora destes pais e nais a expresidenta do Parlamento de Galicia Marisol Soneira que quixo estar acompañando a estes pais na súa xusta reivindicación. 

Sobre as 9 da noite chegaba o presidente da Xunta a Camariñas sen nin sequera botar unha ollada sobre as xustas reivindicacións dun grupo de cidadáns camariñáns fartos de que se recorte sempre no máis esencial como o é o servizo de pediatría dos nosos fillos. ¡Como se non houbera outras cousas que recortar nos centros médicos do concello! Como dicíamos entraba Feijoo na Casa de Pedra dando a espalda a eses cidadáns que lle pagan o seu soldo e que minutos despois recollían as súas pancartas e as súas reivindicacións para gardalas ata outro momento: un feixe de eleccións que están por vir nos próximos meses. E así se poñía fin a esta primeira manifestación de pais e nais de Camariñas que poñe de manifestao a necesidade de unirse para loitar contra unha inxustiza que a Xunta de Galicia quere perpetrar na saúde dos nosos fillos.

Coordinadora Camariñas sen Recortes


Segundo conversacións deste medio con algunhas nais e pais asistentes a esta concentración, estanse a dar os pasos necesarios para crear unha coordinadora cidadán de Camariñas que se sume aos diferentes colectivos da Costa da Morte que loitan contra estes recortes en pediatría na bisbarra. Así mismo o facía entrever nas súas declaracións en Radio Nordés Cadena Ser unha das nais asistentes a esta manifestación amén dun par de sopapos radiofónicos ao representante do PP de Camariñas.

E de todo este explosivo tema vos iremos informando diariamente dende esta web na que estaremos a total disposición destas nais e pais que están a reclamar o que é xusto. Agora non vale rajar nas tabernas ou deixarse levar polo derrotismo típico de barra de bar. É o momento de actuar, o momento da unión de todos para reivindicar a sanidade para os nosos fillos, porque se non o facemos agora, o día de mañán lles teremos que explicar porque os seus pais e nais non loitaron cando se cometeu unha inxustiza cos cidadáns máis desprotexidos: os nosos nenos.

Engadir un comentario