1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na mañán deste xoves 28 de febreiro de 2019 a redacción desta web recibía a triste noticia da morte da querida veciña de Camariñas Dona María Dolores Romar Miranda aos seus 84 anos de idade. O corpo de Señora Roca do Campo, tal e como era cariñosamente coñecida en toda a vila das Palilleiras está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste venres 1 de marzo de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona María Dolores para, acto seguido, ser realizado o sepelio desta estimada veciña do mítico barrio do Campo onde terá merecido descanso eterno no Cemiterio Veciñal de Camariñas. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona María Dolores Romar Miranda. Descanse en Paz.

Engadir un comentario