1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Na mañán deste 13 de febreiro de 2019 estaban convocados os pais e nais dos nenos do centro escolar O Areal de Camariñas a unha charla sobre a tuberculose. Dita charla foi organizada recentemente pola ANPA do centro camariñáns por mor de solventar dúbidas e temores sobre os últimos casos desta enfermidade detectados nos últimos meses no concello. N reunión informativa que corría a cargo da doutora María Otero, encargada do protocolo de actuación en Camariñas, quixo tranquilizar a todos os asistentes alegando que esta é unha enfermidade endémica en Galicia e que sempre pode haber casos nos que se detecten algúns brotes, como é este último caso actual de Camariñas. Así e todo a facultativa coruñesa quixo recordar que este protocolo que se está a desenvolver na vila das palilleiras é un sistema internacional de actuación en casos leves de brote da tuberculose e que pode tratarse éste como normal. Ademáis quixo recalcar que non todos os contaxiados poden desarrollar a enfermidade, e non todos os enfermos poden ser contaxiosos. En todo caso a Dra. María Otero explicou polo miúdo todo o que se está a facer para que eses casos estean controlados. Dende esta web cremos que é moi conveniente manter a calma e non deixarse alarmar por contos e disques e seguir as instruccións tranquilizadoras dos médicos que, como a doutora María Otero, están a levar o caso coa máxima profesionalidade.

Engadir un comentario