O programa de televisión "Hundidos" do canle estatal La 2 estivo grabando hai cousa dunhas semanas unha reportaxe na que uns aguerridos buceadores trataban de atopar os restos do lexendario HMS Serpent afundido na noite do 10 de novembro de 1890 nos baixos da Punta do Boi. Para elo os protagonistas deste novo programa contaban coa inestimable colaboración do noso querido amigo Toñito de Chuca, experto percebeiro e buceador que indicou con datos casi quirúrxicos aos buceadores onde podían encontrarse os restos do malogrado buque escola da Royal Navy. Así, con estas indicacións, os mergulladores do programa foron caseque directamente á zona sinalada por Toñito e non tardaron moito en grabar o que consideraron os posibles restos do HMS Serpent, o naufraxio máis terrible da historia da Costa da Morte e que dou o nome a esta milenaria terra.

 

Engadir un comentario