- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Xaneiro 2019 18 Xaneiro 2019
Está previsto que a próxima edición da travesía a nado entre Camariñas e Muxía pase a formar parte do ‘Circuíto Travesía Costa Abanca’. Aínda falta a confirmación oficial pero así o acordaron con dous dos organizadores deste evento o concelleiro de Deportes de Camariñas, José Manuel Canosa Campaña, o de Muxía e a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua.
O obxectivo é darlle máis difusión a unha proba que se realiza desde hai 3 anos. . A data da proba será o 30 de xuño.
A travesía a nado entre Camariñas e Muxía celébrase desde hai 3 anos e esta alianza permitirá que se multiplique a súa promoción xa que o Circuíto, que naceu no ano 2018, engloba varias travesías a nado na provincia da Coruña, como a do Balarés, Sisargas, Oleiros, A Coruña e Fisterra.
José Manuel Canosa anunciou que a travesía terá lugar “o 30 de xuño” e amosouse moi satisfeito de alcanzar este acordo xa que “desde o seu nacemento a proba tivo unha gran aceptación por parte dos afeccionados á natación e estamos seguros de que, co apoio do Circuíto, convertirase nun evento de referencia na provincia”.