1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Pois foi Gelinita xubilarse e pechar o emblemático Café Bar Pinar e outra usuaria de Camarinas.eu é agora a que se lanza a emprender unha nova carreira empresarial neste local hostaleiro. A nosa querida lectora e usuaria Karina ben de rematar todos os preparativos de acicalamento do Bar Pinar e na tarde deste venres 18 de xaneiro de 2019 abrirá as súas portas cunha gran festa para todos os que asistan a esta especial reapertura. Haberá pinchos para todos os asistentes, segunda consumición gratis e, se todo esto fora pouco, unha gran festa folk amenizada polos gaiteiros de "Con Toda en Banda". Pois xa sabedes, todos aqueles que vos guste a festa non vos podedes perder na tarde deste venres a inauguración do Café Bar Pinar de Karina. Nos alí estaremos para apoiar a nosa amiga nesta nova etapa da súa vida como empresaria. Moita sorte Karina!

NOTA: Todos aqueles que queiran ver publicados os seus anuncios nesta web non teñen máis que poñerse en contacto co teléfono 679871599. Ademáis, si eres usuario rexistrado de Camarinas.eu terás preferencia e publicarase o anuncio en portada por tempo indefinido.

Engadir un comentario