1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O lugar de Lingunde en Camariñas xa non voltará a ser o mesmo. Na tarde deste luns 14 de xaneiro de 2019 deixaba este mundo a querida veciña de Camariñas Dona María Manuela Castro Romero aos seus 83 anos de idade. Dona María, máis coñecida como María de Piñolo e moi estimada en toda a vila das palilleiras, era tamén recoñecida por todos por ser a propietaria do lexendario Bar Lingunde sito na fermosa praia camariñana que seguro amencerá no día de hoxe triste e melancólica. O corpo sen vida de Dona María está sendo velado no Tanatorio-Crematorio Albia da Coruña onde esta querida veciña de Lingunde residía dende hai uns anos xunto á súa filla. O funeral de corpo presentepola alma de Dona María celebrarase ás 17:00 horas deste martes 15 de xaneiro na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas para, acto seguido, ser trasladado o seu féretro cara o Cemiterio Veciñal onde os restos mortais de Dona María terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción todo o noso cariño e ánimo nestes momentos tan duros a toda a familia e amigos de Dona María Manuela Castro Romero. Descanse en Paz.

Engadir un comentario