1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañán deste xélido martes 8 de xaneiro de 2019, esta redacción recibía a triste noticia da morte do noso querido amigo Don Inocencio López Rey na súa casa de Buría aos seus 86 anos de idade. O corpo sen vida do señor Chencho, tal e como era popularmente coñecido en toda a vila das palilleiras, está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 da tarde deste mércores 9 de xaneiro de 2019. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Inocencio López Rey para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas onde os restos mortais deste querido veciño de Buría terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Inocencio López Rey "Chencho". Descanse en Paz.

Engadir un comentario