A comisión de veciños encargada da organización da Festa do Carmen de Camariñas encara o inicio deste novo ano cunha chea de proxectos e actividades das que iremos dando boa conta aquí nesta web. Entre todas elas procedemos a publicar o anuncio dunha nova Andaina do Carmen pola costa de Camariñas que se celebrará o próximo domingo 27 de xaneiro e que dará comezo na Casa do Alemán en Camelle rematando na Casa de Pedra de Camariñas. Nesta nova edición destas exitosas andaindas, ademáis de coidar a saúde facendo deporte, terás a oportunidade de colaborar na recaudación de fondos para o Carmen 2019. O punto de chegada e lugar de recepción de participantes é a Casa de Pedra sendo a hora de saída do Museo de Man ás 10 horas. Habilitarase un punto de concentración na Casa de Pedra ás 9:30 para todos aqueles que non dispoñan de coche para ir pola súa conta ata Camelle. Os interesados en participar nesta andaina poden facelo chamando ao teléfono de contacto 646 94 22 95 onde os informarán de todos os detalles da actividade. Compre destacar que despois de ter rematada esta intensa camiñata todos os asistentes veranse recompensados cunha espectacular churrascada ofrecida pola comisión de festas do carmen. Todo elo se poderá desfrutar o día 29 de xaneiro de 2019 polo módico prezo de 15 euros. Nos alí estaremos.

Engadir un comentario