Continúa o incesante goteo de defuncións que están a asolar todo o noso concello. Na tarde deste mércores 20 de decembro deixaba este mundo despois dun longo padecemento o noso querido amigo e respetado veciño da Millarenga Don Manuel Soneira López aos seus 88 anos de idade. O Moledo, como era cariñosamente coñecido en toda Camariñas, está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irnmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa de San Xurxo da vila das Palillieras ás 18:45 da tarde deste xoves 20 de decembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel. Acto seguido procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camariñas onde os restos do señor Moledo terán merecido descanso eterno. Vaise deste xeito outro das derradeiras figuras claves para entender a milenaria forma de vida de Buría: mariñeiro mítico, labrador incansable, veciño sempre disposto a axudar e amante da súa familia. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel, especialmente a súa muller Maruja, súa filla Marisol, Manolo e Beatriz Soneira, aos seus netos Pedro, Ana, David e María, bisnetos, fillos políticos e demáis familia. Don Manuel Soneira López, Descanse en Paz.

Engadir un comentario