1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nun dos seus paseos matinais un amigo e colaborador desta redacción divisou un obxecto extrano varado na praia de Cedeira. Ao acercarse este veciño a dito obxecto pudo comprobar que se trataba dun mamifero mariño en avanzado estado de descomposición que emitía un edor nauseabundo inauguantable. Ao momento se puxo en contacto cos servizos de asistencia do Concello de Camariñas que procederon inmediatamente á retirada do pestilente cachalote, eso que non estamos a falar dos nosos queridos cachalotes de dúas patas. Pero centrándonos na noticia que nos concerne, o animal en cuestión era dun tamaño bastante considerable, o que resultou en bastantes traballos para levalo da orilla da praia de Cedeira, aínda que ao final, os aguerridos operarios do concello conseguiron retiralo finalmente das inmediacións do paseo marítimo.

Engadir un comentario