1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Volven as vespas velutinas a anidar en pleno casco urbán de Camariñas despois duns meses de relativa tranqiulidade. Na mañán deste luns 10 de decembro era un amigo desta web o que alertaba a esta redacción do avistamento dun gran nido de avispa asiática a poucos metros da rúa Virxen do Monte de Camariñas. Rápidamente esta web púxose en contacto co concelleiro Juan Carlos Canosa que daba orden para comezar o operativo de urxencia para exterminar este perigosa colmea de avispas asiáticas. O nido, de gran tamaño, estaba construido na copa duns castiñeiros que, ao quedar estes sen follas por mor das inclemencias do outono, ficou completamente visible sendo avistado por este cidadán. Pouco despois o equipo de exterminación de avispas asiáticas do Concello de Camariñas comandado polo noso querido amigo O Padronés, auténtico experto apicultor e encargado deste comando exterminador de velutinas realizaba as tarefas de eliminación desta praga que ten a media Galicia en xaque. Con todo esto, e a pesar da invasión descontrolada deste insecto en toda Galicia parece que aquí en Camariñas se ten a medida tomada a este insecto gracias ao equipo deseñado dende o Concello de Camariñas para facerlle fronte.

Engadir un comentario