1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Outra nota tráxica da que temos que dar conta aquí nesta web. Na noite deste venres 7 de decembro de 2018 falecía de forma tráxica a nosa querida amiga Matilde Bouzas Bermúdez aos seus tempranos 62 anos de idade. Tilde do Peruco, como era cariñosamente coñecida en toda a vila de Camariñas perdeu a derradeira batalla que libraba pola súa vida contra esa terrible enfermidade, verdadeira lacra dos nosos tempos, na súa casa de Camariñas despois dunha durísima e longa loita. O corpo sen vida da nosa amiga está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá este domingo 9 de decembro ás 15:45 da tarde cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo. Xa no templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Matilde para, acto seguido, será procederase a realizar o seu sepelio. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Matilde Bouzas Bermúdez. Descanse en Paz.

Engadir un comentario