Continúa o incesante goteo de noticias tráxicas que asolan a toda a veciñanza da vila dos encaixes. Desta volta temos que dar conta do pasamento da nosa querida amiga Dona Corales Rodríguez Ramos aos seus 73 anos de idade. O corpo sen vida de dona Corales, moi querida en toda a vila das palilleiras, está sendo velada no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 deste xoves 6 de decembro de 2018. Xa no santuario camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Corales para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio Municipal de Camraiñas onde a nosa amiga terá merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceitas condolencias a toda a familia e amigos de Dona Corales Rodríguez Ramos. Descanse en Paz.

Engadir un comentario