Na tarde deste venres 30 de novembro deixaba este mundo na súa casa de Buría o querido veciño de Camariñas don Francisco Mouzo Carril aos seus 76 anos de idade. O corpo sen vida de Don Francisco está sendo velado no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairá cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo ás 15:45 deste sábado 1 de decembro de 2018. Xa alí, no sagrado templo camariñán, será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Francisco para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no cemiterio veciñal de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Francisco Mouzo Carril, Descanse en Paz.

Engadir un comentario