Na mañán deste 29 de novembro de 2018 un veciño de Camariñas e amigo desgta redacción atopaba na beira da praia de Portecelo o que eran os restos dun corpo humano en avanzado estado de descomposición. Dado o aviso ás autoridade competentes ata alí se achegaron membros da Garda Civil, Policía Municipal así como de Protección Civil de Camariñas para facerse cargo da situación. Todo apunta a que este cadáver sexan os restos do rapaz ecuatoriano desaparecido na Virxen do Monte mentras practicaba pesca deportiva aínda que esto poderano verificar próximamente os servizos sanitarios responsables da identificación do corpo atopado. De tratarse deste xoven, remataría así o calvario desta familia que xusto hoxe, cumpría un mes dende a desaparición do seu ser querido, ao cal poderán enterrar cristianamente si se confirma a súa identidade.

 

Engadir un comentario