Chega o nadal e xa están con nos esas inevitables cenas de empresa, de amigos, familiares, etc... e a Comisión de Festas do Carme de Camariñas non vai a ser menos e celebrará este sábado 1 de nadal no Pavillón Municipal de Camariñas a cea baile do Carmen 2019. E entre todas as grandes novidades que esta comisión ten preparadas e que se irán desvelando pouco a pouco nesta web hoxe tocanos anunciar esta cena benéfica a prol do Carme. Unha velada que se prevée multitudinaria en canto a asistencia e tamén en número e calidade de platos a servir, que é o importante nestes casos para moitos. O espectacular menú que nos terán preparado para esta velada benéfica conta con un menú composto por abundantes entremeses variados, gambón cocido, tenreira asada ao estilo camariñán, un surtido de postres variados deliciosos e todo elo regado cun bo viñiño do país. Xa finalizada o menú chegará o turno de reposar e facer a dixestión. Para elo a comisión terá preparado un excelente café de pota acompañado polos inevitables chopitos que faran que os máis bailadores se vaian levantando para comezar o baile que será amenizado polo exitoso DJ camariñán Xiba. Os organizadores do evento tamén pensaron nos máis pequenos e terán un delicioso menú infantil a base de entrantes, milanesa con patacas e postre "rico rico". Para todos aqueles que desexen asistir e colaborar nesta cena benéfica para que a nosa festa siga sendo a "Mellor Festa do Mundo" non teñen máis que chamar canto antes ao 646 94 22 95 e reservar sitio porque as plazas dispoñibles a día de hoxe son moi limitadas. E alí estará Camarinas.eu para deixar testimonio de todo o que aconteza nesta gran cena benéfica a prol do noso Carme, sen dúbidas a Mellor Festa do Mundo. Viva O Carme!

 

Cartel da Cena do Carme 2019
Cartel da Cena do Carme 2019

Engadir un comentario