Na tarde deste invernal venres 23 de novembro de 2018 chegaban, procedentes do Reino Unido, os restos mortais da querida veciña de Camariñas Dona Carmen Ventoso Pasantes. Dona Carmen falecera na cidade de Londres, onde residira dende hai moito tempo xunto a súa familia, aos 76 anos de idade. Os restos mortais da nosa querida veciña están sendo velados no Tanatorio Municipal de Camariñas Irmáns Fernández Espín, dende onde sairán cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas ás 15:15 horas da tarde deste sábado 24 de novembro. Xa no sagrado templo camariñán será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Dona Carmen para, acto seguido, procederse á realización do seu sepelio no Cemiterio Veciñal de San Xurxo de Camariñas. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Carmen Ventoso Pasantes. Descanse en Paz.

Engadir un comentario