1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Hoxe, mércores 7 de novembro, comezaron os traballos de renovación do saneamento nas rúas Tras Hortas, Da Cruz e da Rampa, nas que se substituirá a canalización existente por unha rede paralela que permitirá unha mellor e máis rápida recollida e evacuación das augas pluviais.

Ademais, unha vez levados a cabo estes traballos, procederase á pavimentación das tres rúas adaptándoas así ás necesidades funcionais e estéticas da contorna, xa que actualmente presentaban un grado de deterioro elevado. Para isto procederase nun primeiro momento á demolición do pavimento existente e á preparación do firme, executando posteriormente un novo pavimento de formigón armado con acabado superficial pulido. Nun tramo da Rúa da Rampa executarase un enlousado de pedra granítica. As obras foron adxudicadas por un importe total de 47.359,83 euros a cargo dos orzamentos municipais.

Comezan as obras na Rúa Tras Hortas de Camariñas
Comezan as obras na Rúa Tras Hortas de Camariñas

Engadir un comentario