A traxedía volvía a tinguir de loito esta fin de semana a toda a vila de Camariñas. Este domingo 18 de novembro de 2018 recibíamos abatidos a terrible noticia da repentina morte do noso querido amigo e veciño de Camariñas don Juan Ojea Ramos aos seus tempranos 57 anos de idade. Eran os seus familiares e amigos os que se alertaron da súa ausencia nunha xornada dominical, na que sempre solía pasar toda a mañán entre eles. Ante esta falta os seus compañeiros optaron por chamalo repetidas veces aínda que Juan xa non daba resposta. Pouco despois foron interesarse por él a casa onde residía e alí xa comprobaron que o seu querido amigo xacía sen vida. Despois de ser levantado o cadáver do noso amigo foi trasladado ata o hospital Juan Canalejo da Coruña onde se lle foi practicada a autopsia que determinou que Juan foi víctima dun terrible e fulminante ataque ao corazón. O noso compañeiro Juan, que despois de tantos anos no mar traballando de mecánico naval recalaba definitivamente en Camariñas, era moi querido por todos os familiares e amigos que o tratamos, deixando un gran vaciío na alma de todos aqueles que o estimaban.

Na tarde deste luns tiñamos noticia de que este martes 20 de novembro os restos mortais de Don Juan foran incinerados e nesta mesma tarde, exactamente ás 17:00 horas, será celebrado o seu funeral de corpo presente na parroquia de Espasante onde reside gran parte da súa familia máis directa. Rematados os actos relixiosos as cinzas do noso querido amigo serán trasladadas a súa querida Camariñas onde él escolleu ter descanso eterno e serán depositadas no cemiterio parroquial de Camariñas xunto ao seu irmanciño. Dende esta redacción queremos dar todos os ánimos e toda a forza do mundo a toda a familia e amigos de Don Juan Ojea Ramos nestes duros momentos que están a pasar, especialmente á súa filla Esther e a toda a súa familia camariñana. Descansa en Paz querido amigo.

 

Engadir un comentario