O centro de saúde do Concello de Camariñas continuará a contar cun pediatra a pesar de que á persoa que actualmente ocupa ese posto concedéuselle o traslado e abandonará a vila. Así llo confirmaron ao Concello de Camariñas desde o propio Sergas.

O xerente de Xestión Integrada do Sergas, Luis Verde, púxose en contacto coa alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, que preocupada polo asunto, xa solicitara unha entrevista para tratar este tema. Na súa chamada, Verde comunicoulle o inminente traslado do actual pediatra e expresarlle a firme vontade so Sergas de cubrir esa praza.

O anterior pediatra trasládase pero o Sergas comunicou ao Concello a súa vontade de cubrir a praza o antes posible.

De feito, tamén avanzou que no día de onte, luns 8 de outubro, xa se lle ofreceu a praza de pediatría do centro de saúde de Camariñas a outro pediatra polo que se agarda que a próxima semana xa se poida incorporar ao seu posto de traballo.

Sandra Insua agradece a Luis Verde “que se puxera en contacto conmigo por vontade propia e tamén a intención do Sergas de cubrir a praza o antes posible”.

Engadir un comentario