1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Este luns 7 de maio coa chegada do esperado bo tempo daba comezo a primeira das importantes actuacións que o Concello de Camariñas teñen proxectado en necesitados viais da capital municpal. A primeira obra que da o pistoletazo de saída a esta batería de actuacións proxectadas deuse na moi necesitada Rúa Pinzón de Camariñas. Este importante vial camariñán remodelarase por completo dotandoo dun bonito aspecto exterior continuando ca apariencia das rúas adxacentes do Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín así como no que non se ve, pero que resulta si cabe máis importante ao fin e ao cabo. Deste xeito renovaranse completamente as acometidas de auga de todas e cada unha das vivendas da Rúa Pinzón así como a substitución das antigas cañerías por uns novos modelos de tubería moito máis eficientes. Tamén se crearán as importantes cañerías de augas pluviais que teñen como principal función a de liberar de traballo a EDAR de Camariñas nos días de chuvia. A obra está sendo executada pola empresa concesionaria Arines Obras y Proyectos S.L. e ten un orzamento total de 155.548,32 €. Con motivo desta importante actuación do Concello de Camariñas esta vía e algunha das súas anexas deberán ser cortadas ao tráfico durante o transcurso das obras que terán unha duración aproximada de pouco máis dun mes e que darán a este importantísimo vial camariñán un renovado e coqueto aspecto. Camarinas.eu alí estará para facer o seguimento semanal a esta importante e necesaria obra.

Comezo das obras na Rúa Pinzón de Camariñas

Engadir un comentario