5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Van chegando as vacacións de semana santa, a Mostra do Encaixe de Camariñas está xa por toda Galicia publicitada, o verán está a volta da esquina... e, como non podía ser doutra maneira, volven a animarse as inauguracións de establecementos hostaleiros en todo o Concello de Camariñas. Tal é o caso da reapertura da Cafetería Belmar que reabre as súas portas con nova xerencia e novas ideas que estimularán sen dúbida este dinámico sector en Camariñas. Será a partires das 19:00 horas cando Hermindo Pose, novo xerente do local hostaleiro, abra de novo as portas deste local situado nunha das zonas máis privilexiadas do paseo marítimo de Camariñas, cunhas vista ao porto da vila dos encaixes espectaculares dende a súa coqueta terraza montada recentemente. Dende este auténtico mirador ao porto máis bonito de toda a Costa da Morte, vostede pode saborear os diferentes cafés que nos teñen preparados no Belmar, así como degustar as dulces creaciuóns pasteleiras coas que nos sorprenderá a nova xerencia deste local. Así mesmo, e como novidade, tamén poderemos degustar racións e varios platos especiales recentemente creados para esta reapertira. E todo isto poderedes disfrutalo a partires da tarde deste venres 23 de marzo na reinauguración da Cafetería Belmar de Camariñas. Alí estaremos, moita sorte.

NOTA: Todos aquelas persoas que desexen publicar os seus anuncios en Camarinas.eu poden facelo mandando un correo electrónico ao mail Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou mandando un mensaje a través do formulario de contacto desta web no seguinte enlace: Contacta con Camarinas.eu

Terraza da Cafetería Belmar en Camariñas

Engadir un comentario