- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 16 Febreiro 2018 16 Febreiro 2018
Este sábado 17 de febreiro conclúe definitivamente o exitoso carnaval 2018 organizado polo Concello de Camariñas. E remata co sempre carcaxeante Enterro da Sardiña que organiza o concello coa colaboración das "Choronas" e da ANPA do Colexio O Areal de Camariñas. Será a partires das 17:00 horas cando se vele a fenecida sardiña na Casa de Pedra para, acto seguido, marchar en fúnebre procesión acompañados da Charanga BB+ cara á Praza do Mercado onde se celebrará o enterro definitivo ao mesmo tempo que se degusta un chocolatiño ben quente. Deste tradicional xeito damos por rematado aquí en Camarinas.eu un entroido 2018 espectacular, con festas e actos celebrados en todas as parrquias do concello e cun impresionante concurso de comparsas que congregou a preto de un milleiro de persoas no pista 2 do Pavillón municipal de Camariñas. Un gran traballo dende o Concello de Camariñas e, sobretodo, dende a Concellalía de Cultura que dirixe o xaviñán Sergio Caamaño. Noraboa.

