1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A pista 2 do Pavillón Municipal de Camariñas quedouse pequena para a inmensa cantidade de persoas que se daban cita nas instalacións deportivas para ver o espectáculo programa do pola concellalía de cultura do concello. Preto de 900 persoas que, a pesares da intensa chuvia que caía na tarde deste martes de carnaval en Camariañs, abarrotaban o recinto para ver ata 7 sensacionais comparsas que competían para levarse o primeiro e segundo premio. Entre todas elas o xurado tivo bastante traballo na súa deliberación para provlamar os dous primeiros clasificados que se levarían os xugosos premios. Finalmente foi a multitudinaria comparsa de Vimianzo, na que participan tamén varios integrantes do concello de Camariñas, "Secretos do Xardín" a que se levou os 500 euros de premio. O grupo de amigos da Ponte do Porto que formaba parte da comparsa "Dioses de Egipto" conseguía levar o segundo premio dotado con 300 euros. Finalmente lembrar que todas e cada unha das compañías participantes foron agasalladas cunha merecida recompensa de 200 euros para sufragar dalgún xeito todo o traballo desenrolado para participar neste espectacular concurso de comparsas organizado pola concellalía de cultura do Concello de Camariñas. Noraboa!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.