1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na mañá deste sábado 20 do xa tráxico para sempre xaneiro de 2018 falecía na súa casa do barrio do Muiño do Vento o querido veciño de Camariñas Don José Pasantes Espasandín aos seus tempranos 68 anos de idade. Pepe "O Xacobo" como era cariñosamente coñecido tanto na Vila das Palilleiras que o veu nacer así como en gran parte da costa da Coruña, formaba parte desa estirpe de grandes mariñeiros da década dos 70 e 80 que sentaron cátedra en toda a costa coruñesa como verdadeiros mestres mariños que eran, descendentes dunha raza de auténticos lobos de mar. Patrón durante tantos anos do mítico barco camariñán "2º Dorada" que agora despacha coa mesma sabiduría heredada de Pepe o seu fillo Marcos.

Falecía noso compañeiro despois dunha longa enfermidade que o mantivo apartado das rúas da súa querida Camariñas, onde sempre o podíamos ver e falar amigablemente con él de cousas do mar. O corpo sen vida de Pepe O Xacobo está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sarián cara a Igrexa de San Xurxo ás 15:45 horas deste domingo 21 de xaneiro para ser celebrado o seu funeral de corpo presente. Acto seguido procederase a realizar o sepelio de Pepe que tomará merecido descanso eterno no Cemiterio Municipal de Camariñas. Dende esta redacción queremos dar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amgos de Pepe do Xacobo, Descansa en Paz amigo.

NOTA: HABERÁ SERVICIO DE AUTOBÚS PARA ACOMPAÑAR O FÉRETRO DE PEPE O XACOBO ATA O CEMITERIO MUNICIPAL DE CAMARIÑAS. DEP.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.