- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 22 Febreiro 2008 22 Febreiro 2008
As bandeiras do Concello a media asta

A Casa do Concello coas súas bandeiras a media asta pola traxedia de Camelle
Todo o Concello de Camariñas está de luto. E como proba delo, dende hoxe á maña as bandeiras que ondean firmes na Casa do Concello foron arriadas a media asta en señal de dor polos dous mariñeiros falecidos no tráxico accidente que sesgou a vida destes valentes camelláns onte á tarde. Ademáis, os partidos políticos camariñáns suspenderon as súas primeiras pegadas de carteis debido a esta traxedia.
Este sábado 23 de febreiro oficiaranse os enterros de Fernando Porteiro e Manuel Mouzo. Os actos funerarios celebraranse na igrexa parroquial de Camelle ás 4 da tarde aos que se espera gran afluencia de xente. Nos esperamos estar alí para, dentro do posible, apagar un pouco a infinita tristeza dos familiares e amigos de Fernando e Manuel.
As bandeiras do Concello a media asta

Tódalas xentes do Concello de Camariñas deben estar cas familias nestes momentos de dor
Todo o Concello de Camariñas está de luto. E como proba delo, dende hoxe á maña as bandeiras que ondean firmes na Casa do Concello foron arriadas a media asta en señal de dor polos dous mariñeiros falecidos no tráxico accidente que sesgou a vida destes valentes camelláns onte á tarde. Ademáis, os partidos políticos camariñáns suspenderon as súas primeiras pegadas de carteis debido a esta traxedia.
Este sábado 23 de febreiro oficiaranse os enterros dos dous mariñeiros. Os actos funerarios celebraranse na igrexa parroquial de Camelle ás 4 da tarde aos que se espera gran afluencia de xente. Nos esperamos estar alí para, dentro do posible, apagar un pouco a infinita tristeza dos familiares e amigos de Fernando e Manuel.
Comentarios
fai de Galicia sangrenta sepoltura
restringas de rochas ben armada
da o loitador unha morte airada
o dios Neptuno neste mar sin porto
sera o testigo ver o gallejo morto
quixera poder darlle animos a esas duas familias DEP
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.