- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Febreiro 2008 21 Febreiro 2008
Accidente de tráfico no muelle novo

A inexperiencia posible causa do accidente do Seat Ibiza na tarde noite deste xoves
Sobrecollidos como estábamos pola terrible traxedia que tinguío de luto a Vila de Camelle na tarde deste xoves, hai breves instantes, sobre as oito e media da tarde-noite, un aparatoso accidente de tráfico alertou aos veciños de Camariñas: contra o muro do espigón do Muelle Novo acababa de empotrarse un Seat Ibiza bermello pilotado por un xoven camariñán de 18 anos co carnet de conducir recén sacado.
Pulsa na foto para ver a noticia completa e un vÍdeo do lugar do accidente.
Asemesmo hai que sinalar que acompañaban ao piloto accidentado dúas rapazas de Camariñas que debido ao accidente deberon recibir atención médica no Hospital Comarcal de Cee, e aínda que unha delas entrou no quirófano cun brazo roto, polo que poidemos saber as súas feridas non revisten gravidade e non se teme pola súa vida. A outra acompañante, irmán xemelga da anterior, só tiña uns rasguños na espalda. Ata o lugar do suceso desprazouse unha ambulancia para trasladar ás rapazas feridas e unha patrulla de atestados da Garda Civil para tomar os datos do accidente. Dende camarinas.eu queremos darlle ánimos a os pais das rapazas e desexamos que todo quede nun terrible susto que non pase a maiores.
Comentarios
animo jesús.
O SE HUBIESE MATADO ALGUNO DE LOS OCUPANTES. TIENES SUERTE SOLO SON DAÑOS MATERIALES Y POCO MAS. VUELVE A POR MAS ALONSO.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.