Nos mesmos días en que unha banda de supremacistas tarados, cochambre racista en estado puro, andaba metida a destruir España, as barandillas acristaladas de estilo xaponés do Poso do Muelle voltaron a aparecer rotas. E de igual xeito que o esperpento perpetrado polos nacionalistas en Cataluña, o problema ven de lonxe. A eterna dicotomía de pareceres entre a Xunta de Galicia, concretamente eses Portos de Galicia comandados polo inefable JJ Durán, e o Concello de Camariñas volta aos ruedos ibéricos: a primeira di que se trata de problemas de mantemento, tal vez de vandalismo (a ver si un comando das CUP apareceu por Camariñas para vender as bondades inagotables do procés a pau limpio), o Concello que se trata de problemas estructurais e a tal efecto encomendou á arquitecta municipal a elaboración dun informe técnico que sustentaría o teorema de que temos demasiado pouco cristal para tanta ponte. Mentras, cada pouco, o único símbolo do Imperio do Sol Nacente na Costa da Morte amence escachado, ata o extremo de que agora xa varias láminas de cristal desapareceron e unhas vallas cumpren a función de evitar o esfuciñamiento dos veciños contra o Poso do Muelle. A imaxe non pode ser máis lamentable. Pero si respecto ao primeiro dos problemas destes días, o de España, hai máis de 100 anos o Canciller de Ferro, Otto Von Bismarck, afirmara daquela que o noso era o país máis forte de Europa, porque os seus habitantes levaban máis dun século tentando destruilo e éste resistía, non parece que a nosa alicaída ponte sexa a máis forte nin siquera da Costa da Morte. Por obra dun estrano sortilexio, sen que se saiba moi ben por qué, España parece ser unha nación chamada a soportalo todo, dende cada pouco guerras civís ata etarras asesinos ou infantilizados nacionalistas cataláns: algo indestructible. Non sucede así ca nosa escachada ponte nipona, tan endeble, tan mal diseñada, tan ridícula cos seus cristais rotos, como os miolos dun separata catalán.

Engadir un comentario