Continúa o tráxico e incesante goteo de decesos na parroquia de San Xurxo de Camariñas. Na tarde deste mércores 18 de outubro de 2017 producíase no Hospital Juan Canalejo da Coruña o triste falecemento do querido veciño de Buría Don Evaristo Tajes López aos seus 82 anos de idade. Os restos mortais de Don Verito de Pións, como era máis coñecido cariñosamente en toda a vila dos encaixes, están sendo velados na sala 1 do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais cara a Igrexa de San Xurxo ás 16:30 da tarde deste xoves 19 de outubro. No sagrado templo camariñán será oficiado o seu funeral de corpo presente para despois proceder a celebrar o seu sepelio. Dende esta redacción queremos expresar o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Don Evaristo Tajes López, Descanse en Paz.

Engadir un comentario