Houbo unha vez un proxecto innovador e punteiro instalado no Muelle Novo. Baixo unha cúpula de plástico os biólogos e as mariscadoras reproducían millóns de larvas que logo se convertían en bivalvos. Tal era o seu prestixio que acudían en tropel visitas nacionais e internacionais, e mesmo a Xunta de Galicia presumía de tanta innovación e de tan alta tecnoloxía. Todo era fachenda de fartura.

E todo construido con recursos cuantiosos de programas europeos e fondos autonómicos. Centos de miles de euros foron investidos nun minicriadoiro que tiña vocación de ser o mascarón de proa do que debía ser o futuro do marisqueo en Galicia, dando o salto definitivo cara á modernidade do sector.

Pero lonxe queda o fume da propaganda. No Muelle Novo solo queda a mostra palpable da desidia e do despilfarro. Centos de miles de euros tirados para ser pasto dos temporais e do abandono. E mentras tanto a nosa lonxa pasou de vender 126.723 quilos de bivalvos, a uns miserables 72.250 o ano pasado. Por non falar dos 1.941 de 2.014.

O mais lamentable é que parece que isto non lle interesa a ninguén. Que se dilapiden recursos públicos sin xeito nin maneira non merece nin un minuto de atención por parte do pósito camariñán nin dos representantes do PP local, que siguen na súa cruzada xudicial contra o alcalde pero que non dedican nin un minuto a demandar do goberno autonómico, da súa mesma cor política, unha solución a tanta incompetencia.

A realidade é que, mentras o minicriadoiro morre entre a indiferencia colectiva, Galicia sigue importando semente de bivalvos noutros lares e noutros países. E con esa semente importamos enfermedades que antes non tíñamos para as nosas rías. E o marisqueo en Camariñas morre.

Pregúntamonos en camariñas.eu, se non habería unha alma caritativa que lle preguntase á Conselleira do Mar, que estivo fai uns días nos faustos da Feira Náutica (Fenacam? Fenaucam?), pola situación desas instalación. Quizá non houbo tempo nin interese. Iso si, para a fachenda e a francachela sempre hai.

NOTA: A REDACCIÓN DE CAMARINAS.EU DEIXA ABERTO O CORREO ELECTRÓNICO Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. PARA QUE OS DIFERENTES PARTIDOS POLÍTICOS CON REPRESENTACIÓN DENTRO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS ENVÍEN AS SÚAS NOTAS. ASÍ MESMO, PARA CALQUEIRA RÉPLICA A ESTE ARTIGO PODEN USAR O MESMO MEDIO DE CONTACTO.

Engadir un comentario