Dende tempos inmemoriais, as xentes de Camariñas están acostumadas a que o mes de setembro e outubro sexan prolíficos en defuncións, pero o deste ano 2017 ben a ser un dos meses máis tristes que un xa recorda. Na mañá deste xoves sete de setembro coñecíamos nesta redacción a tráxica noticia da morte doutro claro exemplo de home bo e traballador que nos deixaba para sempre: Manuel Martínez Lema, máis coñecido coma "O Sariño" falecía tristemente aos seus 96 anos, e a pesar da súa idade, aínda había ben pouco que podíamos ver ao señor Manolo co seu tractor facendo as súas tarefas diarias polo súa Buría querida. O corpo sen vida do Sariño está sendo velado no Tanatorio Muncipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas, dende onde sairán os seus restos mortais este venres 8 de setembro ás 18:00 horas cara a Igrexa Parroquial de San Xurxo para ser celebrado no santuario o seu funeral de corpo presente. A continuación procederase a realizar o seu sepelio no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camiñas onde o señor Manuel terá descanso eterno. Dende esta redacción queremos expresar as nosas máis sinceiras condolecias a toda a familia e amigos de señor Manuel Martínez Lema. Descanse en Paz.

Engadir un comentario