A derradeira cita festeira deste multitudinario verán 2017 na Costa da Morte chega con un día brillante de sol acompañado de alboradas, gaiteiros e charangas por toda a vila de Camariñas. Despois de varias xornadas nas que o inverno parecía facerse un hoco para quedarse definitivamente, este xoves 31 de agosto Día de San Ramón, amaneceu cuns raios de sol esplendorosos. E será xusto nesta mañán radiante cando ás 13:00 horas se celebre a tradicional misa en honor ao noso querido San Ramón. Ceremonia que concluirá coa procesión arredor da nosa igrexa onde se concentrarán numerosos fieis para rendir homenaxe ao San Ramón. Ao remate desta está previsto o lanzamento dunha gran traca de fogos que retumbarán os ceos para honrar ao noso santo. Rematarán aquí os actos festeiros nesta xornada para así o sábado continuar a xornada orquesteril coa actuación tanto no baile vermouth coma na verbena nocturna da Orquestra Principal que será relevada xa a altas horas da noite por unha discoteca movil. E así rematará este concurrido e turístico verán 2017 na vila de Camariñas: con unha gran festa en honor ao noso querido San Ramón.

Engadir un comentario