1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nesta nova edición da ExpoRía Camariñas o programa de actividades ofrecerá unha ampla oferta para gozar dun fin de semana en contacto coa cultura mariñeira. Entre as actividades organizadas está previsto a organización dun obradoiro-Itinerario medioambiental para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos. Co cofinanciamento da Consellería de Educación e Ordenacion Universitaria da Xunta de Galicia. Neste obradoiros coñecerase a flora e fauna (aves) de Camariñas. Realizaranse os dias 19 e 20 de agosto de 11: 00 a 13:00 e requirese inscrición previa. Como continuidade dunha das grandes novidades da primeira edición da ExpoRía de Camariñas está previsto a organización do Campionato de Pesca do Calamar. Segunda edicion deste campionato no Peirao de Camariñas o venres 18 de agosto dende ás 10 da noite. Un concurso de pesca que fará as delicias de gran parte da afición calamareira da vila das palilleiras.

Ademáis de todas as sorpresas que nos teñen preparadas os dous grandes valedores deste gran evento dentro das actividades estivais no Concello de Camariñas, Sesé Gerpe e Juan Carlos Canosa dinnos que nesta nova edición non haberá tempo para o aburrimento e adiántannos as seguintes actividades das que poderán desfrutar todos e cada un dos asistentes á esta nova edición da ExpoRía de Camariñas.

  • Rutas guiadas. Catro rutas que sairán da Caseta de Información Turística en horario de mañá e tarde e que daran a coñecer as artes de pesca, o traballo das mariscadoras, as embarcación de cerco e as historias mariñeras de Camariñas.
  • Mans Salgadas. Microteatro na rúa con teatralizacións de historias camariñanas
  • Lilicleta. DJ musica sobre rodas. Show musical que se realizará polas rúas o domingo 20 de agosto. Unha experiencia única!
  • Showcoocking. Unha exhibición de cocina con degustacion a cargo de Jorge Guitian e Anna Mayer expertos chef e gastrónomos que faran unha demostración de cociña baseada nos peixes capturados pola flota de Camariñas.
  • Música, obradoiros infantís, exposicións e moitas outras cousas máis…

A pesares de que o prazo para asistir como expositor aínda estaba aberto hai uns días, os organizadores tiveron que colgar o cartel de completo e xa non está dispoñible ningún espazo comercial. Así xa se teñen confirmadas varias empresas que realizaran actos promocionais: degustacións, obradoiros, presentación de novidades etc. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a todos as casas comerciais que participan nesta nova edición do ExpoRía 2017 e especialmente aos seus esforzados organizadores María José Gerpe e Juan Carlos Canosa.

Cartel Exporía de Camariñas 2017
Cartel Exporía de Camariñas 2017

Engadir un comentario