O Concello de Camariñas presentará este sábado 18 de febreiro o cartel da XXVII Mostra do Encaixe. O acto será ás 12.00 horas na Casa de Pedra de Camariñas e acudirán todas as alumnas da Escola Municipal de Palillo para facer unha demostración en directo desta labor artesanal. A XXVII Mostra do Encaixe celebrarase entre os días 12 e 16 de abril, coincidindo coas vacacións de Semana Santa, como ocorre en todas as edicións.

Na rolda de prensa participarán:


Manuel Valeriano Alonso de León, alcalde de Camariñas.
Sandra Ínsua Rial, primeira tenente de alcalde e concelleira delegada da Mostra do Encaixe.
Dolores Lema, directora da Mostra do Encaixe.

Sábado 18 de febreiro ás 12.00 horas na Casa de Pedra de Camariñas (Praza da Insuela, s/n - despois do Museo do Encaixe).

Engadir un comentario