1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Espectáculo cómico-taurino-musical na noite camariñana. É como si El Bombero Torero se puxera a lidiar non miuras, porque os ladróns que están a asolar Camariñas durante estes últimos meses tampouco é que sexan a mafia marsellesa, pero sí un novillo de certo trapío na Plaza de Las Ventas: pois que a cornada soe ser antolóxica. ¿Qué ten que pasar aquí para que o Estado protexa ao seus cidadáns? ¿A eses empresarios, autónomos titulares de pequenos negocios aos que abrasa a impostos? Foi a enésima algarada delincuencial no concello do fin do mundo a da madrugada deste pasado 9 de febreiro que presentaba como novidade máis destacada que cando tras asaltar o Restaurante Meu Lar, os delincuentes a emprendían co templo sacrosanto do madridismo na Costa da Morte, o Café Bar Jose Manuel, un número da Guardia Civil veciño das inmediacións, alertado polos  métodos un tanto rudimentarios dos asaltantes decidío facer acto de presencia co pequeno detalle de que o fixo sen a súa arma reglamentaria, ante o cal os ladróns fixéronlle frente, continuaron tranquilamente co asalto ao local e aínda tiveron o detalle torero de rematar o seu paseíllo triunfal camariñán cunha impecable faena na Cervexería Noha na Ponte do Porto.

Quedan lonxe, sí, aquelas épocas dun John Wayne ou un Henry Fonda, Gary Cooper tamén, sheriffs inquilinos dunha pequena habitación enriba do Saloon da vila, ahí afeitándose a pelo diante dunha destartalada palangana, a ventana aberta aos rumores do deserto, de improviso uns lonxanos indicios de alboroto nos arredores do banco, ipso facto agarran o revólver ou o winchester, ou para máis precaución ambos, saen escopetados a rúa, unha servilleta ao cuello, a cara aínda enxabonada, ao mellor a bragueta (con perdón) aberta e ahí era a de Dios es Cristo. Aínda que ao mellor, quen sabe, foi mellor así: non fora ser que o axente da Benemérita tivera a mala idea de lastimar un só dos pelos dos delincuentes e, vendo os tempos que corren, ahí sería caerlle encima cun furia homicida a prensa de progreso e os políticos de Podemos. Ríanse vostedes dos roubos a negocios e dos ladróns sanguinarios. Só imaxinar os titulares da prensa da pánico: Camariñas guarida mundial da reacción fascista. Así que ben pensado, non sería unha boa opción.

Falábase na mañán subseguinte polos mentideiros da vila, esto é, as barras dos bares, de recurrir a unha intervención externa para poñer orde no barrio. Alguén incluso puxo sobre a mesa, en realidade sobre a barra, a posibilidade de que unha embaixada de notables camariñáns, unha escollida comitiva político-empresarial viaxase ata Colombia, as xunglas do Urabá, alá pola rexión de Antioquia, en busca dos irmáns Carlos e Fidel Castaño. Membros estelares do escuadrón Los Pepes (Perseguidos por Pablo Escobar) a principios dos 90, loitadores infatigables contra o narcoterrorismo comunista a través das Autodefensas Unidas, agora en paro por mor da tregua entre as FARC e o goberno colombiano. Sentados baixo un cocotero no máis intrincado da selva, calzados todos con botas de goma e vestindo o peculiar sombreiro dos paramilitares colombianos, a comitiva da Vila das Palilleiras iniciaría as negociacións presentándolles unha suxestiva oferta que os faría volver polos seus viejos fueros: poñer orde no Bronx camariñán, patrullar o Distrito Apache da antigamente apacible Vila dos Encaixes. Entón veríamos patrullas de sicarios colombianos desfilando polas nosas rúas, arma fácil en man, gatillo libre a diestro e siniestro, finalmente contratados como brazo armado do partido político dos antigos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no Cu), agora esforzados mariscadores, para ver si así por fin gañaban unhas municipales e, o que sería o peor de todo, con música de bachata e reggaeton por doquier alta-la-plana. Algo insoportable. En verdade, sería peor o remedio ca enfermedade.

Así que, españolito que viniste al mundo, vendo os tempos que che tocaron vivir, te guarde Dios. Tan ridículos como incomprensibles, os días da posverdad, os da dictadura do políticamente correcto, a transversalidade e demáis mamarrachadas, tal vez o mellor sexa seguir tirando como se aquí non pasara nada: os ladróns que sigan roubando, a nova política que siga a mirar por eles e nós, pois nós a traballar, que para eso estamos.

Engadir un comentario